sábado, 17 de dezembro de 2016

Kotka en Tui

As Sesións HALO levan máis de dous anos promovendo a improvisación libre na zona de Vigo xuntando artistas de diferentes estilos, traendo bandas referencia do estilo, facendo increíbles encontros onde a improvisación e o virtuosimso dos seus invitados son os verdadeiros protagonistas. En Betún estamos felices de poder facer á nosa cidade parada deste gran proxecto da man de Kotka.
Kotka - Band (“águía” no idioma finés) nace en Madrid a mediados de 2014, fruto da confluencia de tres músicos: Risto Vuolanne, Guillermo Bazzola e Fer Lamas. Un finés, un arxentino e un coruñés que converxen nun proxecto no que prácticamente nada está previsto de antemán. É creación musical en estado puro, sen fronteiras nacionais nin estilísticas. 
Tres individualidades, tres historias que se funden nun único relato musical pleno de timbres, cores, matices, unha auténtica fusión cultural que atravesa jazz, rock, músicas étnicas, electrónica, música clásica. 
Todo ten un lugar na música de Kotka, fresca e orgánica ao mesmo tempo. Creación artística en tempo real onde cada performance é un novo universo a descubrir. Tras presentarse en numerosos locais de España, en marzo de 2016 realizaron a súa primeira xira por Finlandia, onde contaron coa participación de dous xigantes do saxo dese país: Juhani Aaltonen & Eero Koivistoinen. Agora, cando xa é inminente a aparición do seu primeiro álbum, están preparando unha nova xira finesa que incluirá a grabación dun novo traballo.

Sem comentários:

Enviar um comentário