O IES Indalecio Pérez Tizón ten a sorte de contar entre o seu alumnado con persoas de diferentes países e culturas.
O IES Indalecio Pérez Tizón ten a sorte de contar entre o seu alumnado con persoas de diferentes países e culturas.
Un dos sinais de identidade máis salientables das culturas, maniféstase nas celebracións e festas, e estas van acompañadas sempre de abundantes comidas. É por isto que neste centro queremos afondar no coñecemento desta importante diversidade da que gozamos, celebrando a VI edición de Sabores do Mundo.
Este ano celebrámola o 21 de decembro como actividade de final de trimestre e nela participa todo o alumnado do Centro, tanto decorando a clase como elaborando as diferentes receitas e presentación das mesmas.
Con esta actividade, tanto o alumnado como o resto da comunidade educativa do IES, queremos desexarvos unhas boas festas.
O IES Indalecio Pérez Tizón, dentro da súa programación de actividades extraescolares, organiza o vindeiro martes 20 de decembro ás 11:35 unha charla sobre as demencias dirixida o alumnado de bacharelato do Centro.
Esta charla estará impartida por FAGAL, Federación Alzheimer Galicia
in Infominho
Sem comentários:
Enviar um comentário