segunda-feira, 19 de dezembro de 2016

Está xa aberta a inscrición para o obradoiro de “creación de xoguetes tradicionais” que se celebrará a partir do 26 de decembro

A actividade, dentro o programa “Tecendo lazos” da Deputación, é de balde e busca fomentar o coñecemento dos xoguetes clásicos
Abrio o período de inscrición para o curso gratuíto de Creación de Xoguetes Tradicionais dentro do programa “Brincadeiras de sempre” no marco da acción da Deputación de Pontevedra “Tecendo lazos”.
O curso ten como obxectivo fomentar o traballo en equipo e fomentar o coñecemento dos cativos dos xoguetes tradicionais cos que xogaban os seus avós e avoas. Celebrarase entre o 26 e o 30 de decembro en horario de 10:30 a 13:30 do mediodía.  A actividade dividirase en 5 módulos diferentes e é totalmente de balde.
No obradoiro, os menores de 13 anos deberán acudir acompañados dun adulto namentres que aqueles que superen os 13 anos poderán realizar o mesmo soamente cunha autorización da nai, pai ou titor/a legal.
A inscrición está aberta até o 23 de decembro e pode formalizarse no Concello de Tui en horario de 9:00 a 14:00 horas. O obradoiro desenvolverase no edificio da Seguridade Social fronte ao albergue de Peregrinos.  

Sem comentários:

Enviar um comentário