Este venres, 16 de decembro, ás 12.30h terá lugar no salón de sesións da casa do concello de Tui a presentación do calendario solidario “Sonrisas que contagian” da Asociación do Síndrome de Delección 1p36.
Participarán na presentación o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, Eva Martínez, nai de Marta nena tudense afectada por esta enfermidade rara, Aurora Güeto, nai de Noa, nena de Boiro afectada tamén por este síndrome, e Diego Piña do Kaiak Tudense, club colaborador neste calendario xunto a Ramón García, Carlos Lozano, Ángel Nieto...
Sem comentários:
Enviar um comentário