Na DXT figuraban 52 vehículos cando só 30 están operativos
O Concello de Tui levou a cabo ao longo do ano 2016 a regularización do parque móbil municipal. O proceso consistiu na actualización do inventario de vehículos de titularidade municipal. Para iso solicitouse da Dirección Xeral de Tráfico un informe de antecedente de vehículos de titularidade municipal, no que existían 52 vehículos dados de alta, cando o total de vehículos operativos era de 30.
En concreto, seis vehículos foron dados de baixa na DXT por decreto da alcaldía de 24 de febreiro de 2016 ao non existir materialmente no Concello e non existir movementos no seu historial na última década. Neste proceso queda pendente outro vehículo que por impedimento legal non se pode dar de baixa ata o 21 de agosto de 2018.
Por outra parte restos de 8 vehículos almacenados na parte traseira da nave municipal en Guillarei foron enviados en xullo a un centro de tratamento de residuos autorizados, procedendo ao tempo a súa baixa definitiva na Dirección Xeral de Tráfico. Outros 7 vehículos que non estaban operativos, permanecen na nave municipal, estando a rehabilitarse algún deles co obxectivo de consérvalos polo seu valor histórico. Ao tempo estas baixas foron notificadas internamente tamén ao departamento de intervención para que a situación actual sexa recollida no inventario municipal.
Deste xeito o actual parque móbil municipal está conformado por 7 vehículos da policía local, 9 do servizo de obras, 4 de recollida do lixo, 4 de emerxencias, 1 do servizo eléctrico, e 5 doutros departamentos municipais.
Esta actualización do inventario do parque móbil municipal forma parte dun paquete de medidas postas en marcha polo goberno municipal co obxectivo de mellorar a calidade das instalacións da nave de Guillarei. O acondicionamento tanto da edificación coma do terreo adxacente repercute favorablemente nas condicións de traballo dos empregados municipais dos servizos de limpeza e obras.
Sem comentários:
Enviar um comentário