O Kayak Tudense concentrarase durante un mes na lagoa Rodrigo de Freitas, o escenario onde se disputaron as probas de piragüismo nos Xogos Olímpicos de Río de Janeiro.
A entidade tudense aceptou a invitación realizada polo Goberno de Brasil, ao considerar á entidade como unha das mellores de Europa polos seus resultados. A invitación inclúe vinte prazas para deportistas e técnicos que usarán como aloxamento parte as instalacións da que foi Vila Olímpica. A concentración realizarase a partir do 22 de xaneiro debido a cuestións loxísticas.
Esteban Alonso, responsable deportivo do Kayak Tudense, mostrou a súa satisfacción por recibir a invitación e desvelou que “o club ten un indubidable prestixio internacional. Tivemos numerosos padeeiros de varios países que se adestraron connosco, algún deles brasileiro. Quizais iso e tamén os bos resultados foron determinantes para que nos convidasen”. O club tudense é o único de Europa que se concentrará en Brasil, o que supón tamén unha lombeirada internacional ao ser recoñecido por diante doutras entidades importantes, sobre todo húngaras e alemás.
Tamén a presenza de Suso Morlán, que foi o adestrador de David Cal, en Brasil tivo algo que ver na decisión das autoridades deportivas brasileiras. O técnico, que tamén conseguiu magníficos resultados cos padeeiros dese país, ten un contacto permanente con Galicia e é un perfecto coñecedor do piragüismo español.
O Kayak Tudense viaxará a Brasil cos seus mellores deportistas. Esteban Alonso e Manuel Pedrares encargaranse de elaborar o programa de adestramentos, que incluirá sesións de traballo todos os días. Na concentración estarán Roi Rodríguez, Gabriel Campo Pavón, Rubén Millán, Diego Piña, Aarón Diéguez, Ana Varela, Carla Pérez Coya, Ivan Alonso, Diego Piña, Patricia Domínguez, Leticia Piña, Nuria Romero, Lara Feijoo, Manuel Garrido, Ramón Ferro, Óscar Graña, Alfonso Domínguez e Brais Casás, entre outros.
Esteban Alonso desvela que “imos traballar aspectos específicos como preparación da tempada nun lugar emblemático, o que supón unha motivación extra para os deportistas. Cremos que o escenario é o mellor que se pode atopar agora mesmo”.
Entre os que formarán parte do equipo tudense que viaxará a Brasil estará Enrique Míguez, o canoista que conquistou a medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de Los Ángeles. Tamén se adestrará cos obxectivos postos no Campionato de Europa e do Mundo. Míguez tamén exercerá de adestrador e ademais ten previsto pasarse á modalidade de kaiak. O equipo completarase cos integrantes da Clínica Sinerxia, que se encargará da recuperación e tratamento muscular.
Aínda que Esteban Alonso non quixo desvelar máis detalles do seu proxecto, é probable que aposte por un cambio de rumbo deportivo para algúns dos seus deportistas. Roi Rodríguez, dobre campión do mundo sub-23, manifestou o seu desexo de afrontar as regatas de kaiak de mar. Pola súa banda, Gabriel Campo Pavón e Rubén Millán non teñen decidido se se cambiarán á modalidade de SUP, unha especialidade que require unha gran compenetración entre os dous compoñentes da embarcación xa que deben remar case de pé. A diferenza de estatura entre ambos tamén é un serio inconveniente.
O Kayak Tudense ten agora que resolver varios problemas loxísticos. Tanto os barcos como os compoñentes do equipo viaxarán en barco ata Brasil, xa que non poden transportar todo o material nun avión. Ademais, varios deles son alérxicos aos desprazamentos aéreos.
in Cousas do Baixo Miño
Sem comentários:
Enviar um comentário