María Galán (Vigo, 1990) presenta unha selección de pezas da súa inacabada serie En tránsito; un proxecto que reivindica o valor do desprazamento, da soa experiencia de moverse dun lugar ao outro.
A artista convirte o tránsito en algo fermoso, místico, que lexitima o sentimento de soidade do individuo. Un tránsito necesario, de aprendizaxe, que procura ser vivido. Un tránsito que, en definitiva, devén nas paisaxes infertis e melancólicas que aquí se nos mostran.
Todas elas, captadas coa cámara fotográfica e posteriormente pintadas sobre un tableiro de DM, fálannos dun momento fugaz, dun espazo que a autora non chegou a habitar, do recordo, e do recollemento. Nalgún punto entre o real e o imaxinario, as esceas representadas invitan á contemplación e a revisitar aquela parte da viaxe que sempre subestimamos.
Todos os ‘tránsitos’ desta exposición teñen un formato idéntico e unha composición similar, caracterizada pola división do cuadro en dúas áreas diferenciadas – terra e ceo – pola cor. Cuadros oscuros, liviáns, poéticos, que nos ofrecen un refuxio temporal.
María Galán é unha xoven licenciada en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid. Especializada en Conservación e Restauración de Bens Culturais, ha expuso esta mesma serie en Santiago de Compostela (Espazo en branco), Vigo (Fundación Laxeiro) e Oporto (Casa das Artes). O seu interés como artista plástica xira en torno ás diverxencias existentes entre o realismo e a ficción na pintura figurativa. Referencias literarias como El mapa y el territorio de Michel Houellebecq o El hacedor de Jorge Luis Borges, represéntanse como decisivas na elección temática da súa obra.
Sem comentários:
Enviar um comentário