sábado, 14 de janeiro de 2017

Theremin: A Melodía nas Ondas

- Breve introducción á orixe do instrumento, radio de acción a principios de século do seu inventor, Leon Theremin.
Recopilación de material audiovisual variado sobre este e outros instrumentos electrónicos non convencionais similares da época.
- Cómo funciona o instrumento: A melodía nas ondas das súas dúas antenas.
Postura diante do instrumento, afinación e detalles básicos para facer soar notas do Theremin.
Demostración de interpretacións de temas coñecidos coas explicacións oportunas para comprender as diferentes técnicas.
Prácticas de sinxelos exercicios e experimentacións para que os asistentes sintan a experiencia de manipular o son sen tocar un instrumento.
Movementos da man/ brazo esquerdo coa antena de volume.
Movementos da man/ brazo dereito coa antena de tono.
- Theremin con novos elementos; delay/loopers
Demostracións de armonizacións de sons utilizando capas.
Pequena toma de contacto libre dos asistentes co instrumento.
Obradoiro con práctica ao 50%. 
Todas as explicacións cun theremin diante do que imparte o curso para interpretar pezas, escalas ou o que sexa de interés polos asistentes.
--------------------------------------------------------
socios/as beta 10€
betuneiros/as 8€
(os socios/as que asistan ao curso terán entrada libre ao concerto das 22h do mesmo día)

Sem comentários:

Enviar um comentário