O colectivo Elephants Yard componse de varios/as artistas que se unen a través da música xamaicana e do reggae roots. Fundado en 2015, o colectivo créase arredor de reunións no Dub Yard Studio para grabar cancións e acompañar artistas como Vivian Jones (UK) ou High Paw (Vigo) e colaboracións no estudio con Angatu (Brasil) ou Real Rockers (Portugal). O repertorio abrangue clásicos do reggae cun amplo compoñente de improvisación. Enerxía, boas vibracións e un sorprendente colectivo cheo de multi-instrumentistas. Elephants Yard é unha noite cálida no Caribe.
Sem comentários:
Enviar um comentário