O Concello de Tui desaconsella beber auga da traída durante uns días, ata mediados da semana que vén, debido as tarefas de limpeza dos depósitos da depuradora que se están levando a cabo.
Esta semana, dentro das labores de mantemento anual que se levan a cabo na depuradora municipal, persoal do concello está procedendo á limpeza dos catro depósitos existentes. O primeiro no que se acometeron estas labores foi o depósito de auga bruta, onde se almacena a auga que se recolle directamente do río. E a partir de hoxe as tarefas de limpeza vanse realizar tamén nos depósitos de auga xa depurada de 4 mil metros cúbicos e 2 mil metros cúbicos, así coma no depósito ubicado en Matelo en Randufe. Os técnicos agardan ter rematadas estas tarefas o próximo martes, e a partir de aí a auga será xa novamente apta para o consumo.
Dende o Concello de Tui salientan que a auga segue sendo apta para ducharse ou para cociñar, xa que ao ferver elimínase calquera residiu, pero aconséllase non consumila directamente para beber debido as tarefas de limpeza.
Dende o Concello Tui piden desculpas aos veciños e veciñas polas molestias que estes traballos poidan ocasionar, pero salientan que se trata de tarefas de mantemento anual, que son necesarias realizar e que redundarán no bo servizo e calidade da auga da depuradora municipal.
Sem comentários:
Enviar um comentário