sexta-feira, 25 de fevereiro de 2011

PLAY-DOC APOSTA NA SÚA SÉTIMA EDICIÓN POLAS ÚLTIMAS TENDENCIAS DO CINEMA DOCUMENTAL


O festival presentará un total de 29 películas do 30 de marzo ao 3 de abril
O Festival Internacional de Documentais de Tui, Play-Doc, acollera do 30 de marzo ao 3 de abril un total de 29 peliculas procedentes de todo o mundo nas suas diversas seccions, que achegaran a Galicia as ultimas tendencias do cinema documental.
O festival contara na sua seccion competitiva con dez filmes que reuniran realizadores consagrados, coma o mestre do found footage e do cinema experimental, o austriaco Peter Tscherkassky, asi como novas promesas do xenero como Clio Barnard, galardoada en numerosos festivais internacionais como Tribeca ou o London Film Festival e nomeada aos premios BAFTA pola sua pelicula The Arbor.
Marcos Nine e o recentemente premiado en Cannes Oliver Laxe seran os representantes galegos dentro desta Seccion Oficial a competicion. Na Seccion Informativa destaca a presenza de dous prestixiosos realizadores: o director de culto e un dos maximos representantes do cinema underground norteamericano, Lech Kowalski, que entre outras cousas regresa a Play-Doc para estrear a sua ultima cinta e Marcel Łoziński, un dos cineastas polacos mais aclamados internacionalmente e ainda desconecido no noso pais.
Nomeado a un Oscar por 89 mm from Europe e figura clave da sua xeracion xunto a Krzystof Kieslowski, Łoziński dara a conecer algunhas das suas peliculas mais destacadas a traves dunha retrospectiva. Entre as actividades paralelas programadas, destacan os concertos de Play-Doc, un clasico dentro do festival, nos que se podera gozar das actuacions en directo dalguns dos protagonistas dos filmes presentados na seccion Documentais de Musica.
Aqui e preciso salientar a estrea dun documental que ten o gran musico galego Carlos Nunez como principal protagonista. A sua vez, Play-Doc continua apostando polo talento a traves do obradoiro O Retrato Filmado, que por terceiro ano consecutivo reflexionara sobre diversos aspectos cinematograficos.
Este proxecto, asi coma o seminario Docs in Progress, celebrado o pasado decembro, mostran o interese do festival por fomentar e promocionar a creatividade dos novos talentos mediante maneiras alternativas de formacion e producion que seran presentadas durante a celebracion do certame galego.
mais informacion en www.play-doc.com

Sem comentários:

Enviar um comentário