terça-feira, 22 de fevereiro de 2011

Sarabela Teatro pon en escena “Konrad ou o neno que saíu dunha lata de conservas”


Trátase dunha comedia infantil con 60 minutos de duración. A representación será o venres ás 20h no Teatro Municipal de Tui-  O Teatro Municipal de Tui acolle este venres ás 20h a representación de “Konrad, ou o neno que saíu dunha lata de conservas” da man de Sarabela Teatro. 
Trátase dunha comedia infantil, con sesenta minutos de duración, dirixida por Ánxeles Cuña Bóveda e interpretada por Elena Seijo, Sabela Gago, Fernando Dacosta, Tito R. Asorey e Nate Borrajo.
As entradas para esta representación están xa á venda ata o venres ás 13h na web www.culturatui.info ou o venres dende ás 18.30h pódense adquirir no despacho de billetes na Área Panorámica. As entradas teñen un prezo xeral de 3€, e 2€ para os que teñan dereito a algúns dos descontos establecidos como xubilados, estudantes, parados, familia numerosa, discapacitado ou posuidores do carné xove ou do carné máis.
Sarabela Teatro con “Konrad ou o neno que saíu dunha lata de conservas”
Data:  Venres, 25 de febreiro, ás 20h
Prezo das entradas: 3€ - 2€
Venda de localidades: En www.culturatui.info ata o venres ás 13h e no despacho de billetes o venres dende ás 18.30h.
Máis información en: www.culturatui.info ou en www.sarabelateatro.com

Sem comentários:

Enviar um comentário