É unha ollada satírica ao texto homónimo de Óscar Wilde. Será este venres ás 21.30h no Teatro Municipal de Tui
No mítico país de Galilega transcorre a acción de “Salomé” a obra que este venres representa o Centro Dramático Galego no Teatro Municipal de Tui a partir das 21.30h. No mesmo ofrécese unha lectura satírica do texto homónimo de Óscar Wilde mantendo o simbolismo e o ton poético orixinais, pero eliminando os exotismos orientais e as interpretacións relixiosas.
As entradas para esta representación están xa á venda ata o venres ás 13h na web www.culturatui.info ou o venres dende ás 20h pódense adquirir no despacho de billetes na Área Panorámica. As entradas teñen un prezo xeral de 8€, e 5€ para os que teñan dereito a algúns dos descontos establecidos como xubilados, estudantes, parados, familia numerosa, discapacitado ou posuidores do carné xove ou do carné máis.
CDG con “Salomé”
Data: Venres, 18 de febreiro, ás 21.30h
Prezo das entradas: 8€ - 5€
Venda de localidades: En www.culturatui.info ata o venres ás 13h e no despacho de billetes o venres dende ás 20h.
Sem comentários:
Enviar um comentário