quinta-feira, 3 de fevereiro de 2011

Arranca este venres da man de Teatro do Atlántico


A programación do primeiro semestre de 2011 ten un orzamento de 100 mil euros Inclúe a actividade no Teatro e outros eventos como o 125 aniversario da Ponte Internacional
Este venres, 4 de febreiro, arranca a programación correspondente ao primeiro semestre do ano no Teatro Municipal de Tui. Un total de dez espectáculos, de calidade, de variedade de xénero e dirixidos a todas as idades, serán os que poidan disfrutar ata finais de maio. Estes eventos xunto a outras actividades que conforman o groso da programación organizada pola Concellería de Cultura é a que se recolle nun novo número da Axenda Cultural “Corredoira”. O orzamento total deste eventos ascende a 100 mil euros aportados polo Concello de Tui.
A presentación destas actividades e da Axenda “Corredoira” tivo lugar esta mañá na Casa do Concello a cargo do Alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha e do Concelleiro de Cultura, Moisés Rodríguez.
Nesa presentación o Concelleiro de Cultura destacaba a súa satisfacción porque Tui “siga sendo un referente cultural” a engadía que “a cultura é investimento rendible”. Por outra referíase a traxectoria marcada polo Teatro Municipal dende que entrou en funcionamento hai oito anos, cunha clara aposta pola calidade, estabilidade e a continuidade, a na que se logrou a fidelidade do público, xa que dicía é unha programación que se fai “por e para o público”. Do mesmo xeito puña de relevo que o ano pasado o 45% das entradas para os espectáculos foron vendidos por internet dende a web www.culturatui.info.

Sem comentários:

Enviar um comentário