quinta-feira, 22 de dezembro de 2011

Apresentação de Livro "Iglesia y Revolución en Cuba"


A Asociación “Amigos da Catedral de Tui” comprácese en informar que o vindeiro mércores 28 de decembro de 2011 ás 20,15 horas terá lugar na Catedral de Tui a presentación do libro de Ignacio Uría titulado “Iglesia y revolución en Cuba” que recolle a traxectoria do bispo natural de Tui, Enrique Pérez Serantes, que foi arcebispo de Santiago e primado de Cuba.
O acto de presentación contará coa intervención de Alberto Cuevas Fernández, Delegado diocesano de Medios de Comunicación Social , e o propio autor Ignacio Uria.
Ignacio Uría é licenciado en Dereito e doutor en Historia Contemporánea de América (2005) pola Universidad de Navarra cunha tese sobre o nacemento da república cubana. Colaborador habitual en diferentes medios nacionais e internacionais, pertence ao grupo de investigación Cuba XXI Project de Georgetown University en Washington, DC, cidade na que realizou unha estadia postdoctoral no curso académico 2009-10. Actualmente é profesor universitario e tamén director xerente da Fundación Empresa-Universidad de Navarra.
A “Asociación Amigos da Catedral de Tui” continúa con esta actividade promovendo a revitalización deste templo catedralicio.

Sem comentários:

Enviar um comentário