segunda-feira, 19 de dezembro de 2011

O CONCELLO DE TUI CONSTITÚE SENLLAS MESAS DE COORDINACIÓN: PARA A VIOLENCIA DE XÉNERO E DE SEGURIDADE


Na pasada semana, concretamente o xoves 15 de decembro, foron constituídas polo Concello de Tui senllas mesas de coordinación relacionadas con temas de seguridade pública.
En primeiro lugar foi conforma a Mesa Local de Coordinación Contra a Violencia de Xénero, e que presidida polo Alcalde está integrada tamén polos concelleiros de seguridade e servizos sociais do Concello tudense, a traballadora social do Concello, o inspector da Policía Local, o Capitán da Garda Civil e o Comandante do Posto da Garda Civil.
Esta mesa se reunirá mensualmente para realizar un seguimento desta materia de gran grande transcendencia social e procurar a coordinación entre os servizos municipais e as forzas de seguridade e mesmo para procurar a elaboración de protocolos de actuación nesta materia.
Deste xeito o noso municipio incorpórase a outros vinte concellos da nosa provincia que xa contan cunha mesa de características similares.
De seguido procedeuse a constitución da “Mesa de coordinación para a seguridade cidadán” que presidida polo Alcalde, está integrada polo Concelleiro de Seguridade e o Inspector da Policía Local, xunto aos representantes das Forzas de Seguridade do Estado, en concreto, o Capitán e o Comandante de Posto da Garda Civil.
A través desta mesa que terá tamén xuntanzas periódicas procúrase incrementar o grao de colaboración xa existente en materia de seguridade cidadá que afecta a tema como horarios de peche de locais, control de ruídos, tráfico de drogas, planeamento de evacuación e de emerxencias, etc.
A constitución destas mesas é un dos compromisos asumidos na xuntanza celebrada, o pasado mes de setembro, entre o Alcalde tudense e o Subdelegado do Goberno en Pontevedra co obxectivo de coordinar os esforzos que tantos dende a Administración Local como dende a Administración do Estado se realizan en materia de seguridade cidadán e de prevención da violencia de xénero.
Para o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, coa conformación destas mesas de coordinación o Concello tudense confía en avanzar na colaboración entre as forzas de seguridade e os servizos públicos co obxectivo de lograr unha maiores cotas de benestar público no noso municipio, desenvolvendo programas de actuación, tanto para actuar diante de situación que afectan á seguridade pública como para desenvolver actuación de prevención en ambas materias. O rexedor tudense agradece a ampla colaboración atopada nos diversos integrantes destas mesas.

Sem comentários:

Enviar um comentário