segunda-feira, 26 de dezembro de 2011

A BIBLIOTECA MUNICIPAL ABRE A OFERTA DE INTERCAMBIO DE LIBROS NOS DÍAS DO NADAL


A Biblioteca Pública Municipal de Tui celebra estas festas do Nadal agasallando a todos os seus lectores que retiren libros en préstamo ao longo destes días navideños ofrecendo un regalo como testemuña do agradecemento á fidelidade dos seus usuarios ao longo do ano.
Tamén ao longo destes días a Biblioteca Municipal, tudense abre, por segundo ano consecutivo, a súa oferta de intercambio de libros. Deste xeito todas aquelas persoas que queiran intercambiar libros de xeito gratuíto poden achegarse ata a Biblioteca e retirar un libros ofertados deixando, en cambio, un libro en intercambio. Con esta posibilidade trátase de favorecer o acceso ao libro e a lectura entres os diversos sectores sociais da nosa localidade.
Esta experiencia de intercambio de libros foi xa iniciada no pasado ano cunha positiva resposta pois ao remate dos días navideños foran renovados todos os libros ofertados no inicio deste intercambio.
Para a concelleira de cultura tudense, Vanesa Rodríguez Pereira, esta actividade da Biblioteca Pública Municipal amosa a vitalidade deste centro bibliotecario que oferta ao longo do anos un amplo abano de actividades e iniciativas para achegar o libro e a lectura a todos os veciños de Tui e a súa bisbarra interesados. Lembra a concelleira que esta Biblioteca ven de recibir por sexto ano consecutivo un dos premios “María Moliner” que outorga o Ministerio de Cultura en recoñecemento a súa oferta de animación lectora.

Sem comentários:

Enviar um comentário