segunda-feira, 12 de dezembro de 2011

O CLUB KAYAK TUDENSE E MANU GARRIDO PREMIADOS GALA DO PIRAGÜISMO NACIONAL


O Club Kayak Tudense e o seu padexeiro Manuel Garrido recibiron o fin de semana pasado en Aranjuez, o recoñecemento de todo o piragüismo nacional na Gala anual da Real Federación Española de Piragüismo. O Clube de Tui recibiu o premio por proclamarse gañador da Liga Olímpica de Pista, tras conquistar este ano o Campionato de España de Inverno, o Campionato de España júnior, sub-23 e sénior, a regata nacional de 1000 metros e un cuarto posto na regata nacional de 500 e 200 metros tras suspenderse a competición na metade da mesma.
Pola súa banda Manuel Garrido recibiu o premio á mellor promesa masculina, en recoñecemento a esta gran tempada onde se proclamou por terceira vez consecutiva Campión do Mundo de Maratón en categoría sub-23.
Dende o Concello de Tui quérese felicitar ao Club Kayak Tudense polos éxitos acadados neste ano, así como a Manu Garrido polo Premio a Mellor Promesa Masculina do 2011. Ambos galardóns acreditan a vitalidade do deporte tudense, nomeadamente o traballo que desenvolve o Club Kayak Tudense.

Sem comentários:

Enviar um comentário