quarta-feira, 7 de dezembro de 2011

O VENRES INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DE PINTURAS DE ANGEL TORRES GARCIA



Este venres 9 de decembro, ás 19,30 horas, a zona Anexo da Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acolle o acto de inauguración da mostra de pintura de Ángel Torres García, veciño de Caldelas de Tui e que amosa por vez primeira a súa producción ao público.
A obra de Torres García caracterízase pola súa orixinalidade pois apunta a unha temática de especial realismo, centrado especialmente na súa visión das paisaxes urbanas de cidades como Tui, Vigo, Pontevedra ou Madrid. O se dominio da paleta cromática e o seu traballo prolongado diante de cada obra, converten á producción de Ángel Torres García, para moitos, nunha interesante proposta.
Para a concelleira de Cultura do Concello de Tui, Vanesa Rodríguez Pereira, con esta nova exposición a Sala Municipal de Exposicións continúa apostando na súa programación pola promoción dos artistas e afeccionados do noso municipio. Se a pasada semana abría a exposición de fotografías de José Luis Luque Puértolas agora esta nova exposición posibilita a exhibición da obra de Ángel Torres García. Para Vanesa Rodríguez con estas exposicións reflíctese a creatividade e vitalidade que a producción artística posúe na nosa localidade.
Con esta exposición péchase a programación deste ano 2011 na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui e do seu Anexo, que acolleu ao longo do ano moi diversas mostras de pintura, fotografía, exposicións e caracter histórico, etc que ofertaron aos tudense un amplo e diversificado abano de actividades ao longo do ano.

Sem comentários:

Enviar um comentário