terça-feira, 20 de dezembro de 2011

ASINADA HOXE A ADQUISICIÓN DA FINCA “LAGARTEIRA” POLO CONCELLO DE TUI


Nesta mañá do 20 de decembro de 2011 tivo lugar a sinatura do contrato de compra venda aos Irmás Maristas da chamada finca “Lagarteira” por parte do Concello de Tui. Asistiron a este acto, o alcalde tudense, Moisés Rodríguez, e en representación dos Irmás Maristas o seu provincial Oscar Martín e o seu adminstrador Primitivo Mendoza.
Con sinatura deste contrato culmina un longo proceso de adquisición desta propiedade de 14.870,06 metros cadrados de extensión que se integran no patrimonio municipal, tras un investimento de 624.542,52 euros por parte do Concello tudense. É intención municipal completar esta compra coa adquisición dalgunha finca colindante para posibilitar, no seu momento, unha entrada axeitada a esta propiedade.
Segundo o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, se completa con este acto de compra un alongado proceso que estivo pendente tamén da aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal que contempla esta propiedade como un área de equipamentos. Unido a súa proximidade ao núcleo urbano tudense, escasamente distante 500 metros, ofrece importantes posibilidades para esta parcela que pode acoller diversos servizos municipais. Para o rexedor tudense comeza agora o traballo municipal para lograr que nesta parcela de constrúa un novo centro educativo en substitución do actual CEIP de Porteliña – Pazos de Reis, que con máis de 50 anos de existencia non reúne as condicións máis idóneas, tanto pola antigüidade da súa construcción como polo notable incremento de matrícula neste centro.
De feito, o pasado 30 de novembro o Alcalde tudense amosou ao Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia que visitaba diversos centros educativos tudense esta propiedade para que coñecese directamente a mesma, facilitando así a tramitación administrativa da solicitude do noso Concello de creación deste centro educativo.
A adquisición desta finca e o investimento económico que supón dar cumprimento a un compromiso asumido pola Corporación Municipal tudense e, engade o alcalde, testemuña como a economía do Concello de Tui está saneada e permite un investimento de tanta transcendencia como a adquisición desta finca “Lagarteira”.

Sem comentários:

Enviar um comentário