A Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia en colaboración coa Concellería de Mercado e Praza de Abastos do Concello de Tui porá en marcha unha nova campaña de promoción da Praza de Abasto despois do éxito acadado na pasada edición da campaña de promoción dos mercados municipais. Coa finalidade de incentivar o consumo de produtos perecedoiros frescos e resaltar os valores de compra na Praza de Abastos Municipal, así como a posta en valor da profesionalidade e bo facer dos profesionais que traballan día a día nela, ambas institucións teñen previsto levar a cabo a segunda edición da campaña de promoción “ESTE INVERNO PRESUME DE PRACEIRO/A. ELIXE O TEU PREFERIDO/A TÚA PREFERIDA”.
O obxectivo da acción promocional é implicar aos clientes do mercado na elección do que é, a xuízo destes, o mellor praceiro/a, en función da calidade dos produtos que ofrece no seu posto de venda e, especialmente sobre a base da súa profesionalidade, trato próximo e o seu labor de prescriptor diario respecto á súa clientela.
Ademais de elixir cos seus votos ao mellor comerciante da Praza de Abastos, os clientes participarán en sorteos de cheques de compra que deberán ser canxeados no propio mercado. Celebraranse dous sorteos un o día 23-12-2011 e outro o 21-01-2012 na propia Praza de Abastos.
A campaña comezará o vindeiro luns día 12 de decembro e finaliza o venres día 20 de xaneiro de 2012. Para a concelleira responsable de Marcados e Praza de Abastos, Olga Montes Moldes, está campaña resultará beneficiosa para a Praza de Abastos tudense, en definitiva para o comercio local e de proximidade, pois coa esta acción promocional, que impulsa a Xunta de Galicia, preténdese incrementar e incentivar o consumo medio semanal durante o período de vixencia da campaña revertendo os premios obtidos polos seus clientes no propio mercado municipal.
Sem comentários:
Enviar um comentário