segunda-feira, 19 de dezembro de 2011

O CONCELLO PROMOVE UNHA OBRA DE MELLORA DA PAVIMENTACIÓN E INSTALACIÓNS NUN TREITO DA RÚA BISPO CASTAÑÓN



O Concello de Tui está realizado nestes días unha obra de mellora da pavimentación e das instalación na rúa Bispo Castañón (ou Canicouba), concretamente no treito entre a rúa do Pracer e a rúa Cuenca.
A obra consiste na renovación das instalacións de saneamento e de abastecemento de auga, así como na ocultación da canalización do alumeado público. Dado que algunhas vivendas da Praza da Estrela sofren inundacións cando o caudal de auga que baixa pola rúa Bispo Castañón é excesivo foi precisa a renovación da instalación de recollida de pluviais, incorporando unhas rexas ao remate da devandita rúa para recoller esta auga de chuvia. Igualmente procederase á colocación de novas instalacións de telecomunicacións e gas. Por outra banda, reporase a pavimentación existente, mantendo a configuración e lousas orixinais, substituíndo unicamente aquelas lousas que estivesen deterioradas.
Esta obra se enmarca dentro da 8ª fase de actuación da Area de Rehabilitación Integral (ARI) do conxunto histórico de Tui, financiada polo Concello tudense, a Xunta de Galicia e o Ministerio de Fomento ao abeiro do Plan Vivenda 2009-2012. O orzamento desta obra acada os 26.999 euros de investimento.
Para o concelleiro de Conxunto Histórico, Nicolás Lorenzo Montes, esta intervención é unha nova evidencia do compromiso que o goberno municipal tudense ten asumido coa conservación e promoción da cidade histórica. Esta obra patentiza as liñas de actuación que quere desenvolver o Concello de Tui: soterramento de instalacións, mantemento e mellora da pavimentación existente... para lograr unha mellor calidade de vida dos veciños da zona monumental tudense.

Sem comentários:

Enviar um comentário