quinta-feira, 19 de julho de 2012

A concellería de Mercado está pondo ao día a normativa e funcionamento do mercado semanal dos xoves


A concellería de Mercado do Concello de Tui está realizando unha serie de traballos para pór ao día a normativa e funcionamento do Mercado Ambulante que cada xoves se celebra en diversas rúas do casco urbano. 
Por unha banda, segundo explica a concelleira de Mercado, Olga Montes, estase actualizando o actual regulamento de venda ambulante, que data de 2007, á Lei de Comercio de Galicia aprobada en 2010. Por este motivo unha serie de artigos do regulamento foron adaptados á nova normativa galega. O novo texto foi aprobado inicialmente en pleno o pasado 31 de maio, atopándose na actualidade en período de exposición pública. Un tempo no que sinala Olga Montes “todas as persoas que se consideran afectadas poden exercer o seu dereito a presentar alegacións”.
Por outra parte a edil anuncia que no mercado semanal se van levar a cabo regularmente verificacións de que os postos están ao día no pago da taxa municipal. Segundo Olga Montes está medida nace da necesidade de facer fronte ao alto índice de impagados que existe neste concepto, e que supón un agravio comparativo con respecto a aqueles vendedores que sí están ao corrente no pago. 
Por último a concelleira de Mercado salienta que o fin último de todas es medidas é mellorar o funcionamento do actual mercado semanal do xoves, adaptado o seu regulamento a normativa en vigor, e propiciando que todos os vendedores acudan en igualdade de condicións. 

Sem comentários:

Enviar um comentário