Dúas técnicas do Instituto Galego de Consumo atenden dende hoxe no Concello de Tui ao afectados polas participacións preferentes. O horario de atención ao público é de 9 a 14h no primeiro andar da Casa do Concello á carón da Oficina Municipal de Atención ao Consumidor.
Os afectados polas preferentes poden acudir directamente, non sendo preciso pedir cita previa.
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, sinala que con este servizo que se presta no Concello de Tui quérese amosar o apoio aos afectados coas participacións preferentes, e ao tempo axudalos en todo aquilo que poidan dende o concello. Por iso este persoal especializado examinará cada caso e asesorará aos afectados de xeito individual.
Sem comentários:
Enviar um comentário