O Conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra Fernández, acompañado polo Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, e o Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Xosé Manuel Cores Touris, visitaron as instalacións da empresa tudense Nor Rubber, en Areas, para confirmarlle persoalmente o aval, de 400 mil euros, concedido polo IGAPE a este sociedade para facer fronte a importante carteira de pedidos que teñen por valor de 4,3 millóns de euros destinados a Panamá, Irán ou Cuba, entre outros.
Moisés Rodríguez Pérez agradece á Xunta de Galicia a súa implicación neste importante tema e que culminase o proceso de concesión deste aval que garante a continuidade desta empresa tudense na que desenvolven a súa actividade cen traballadores de Tui e a súa bisbarra. Dende a súa toma de posesión como Alcalde, Moisés Rodríguez, implicouse directamente neste tema acompañando en diversas oportunidades aos responsables da empresa nas diversas reunións mantidas coa Consellería de Economía e Industria e o Igape para acadar a concesión deste aval. Para o rexedor tudense esta é unha feliz noticia para o emprego no noso concello e testemuña o esforzo desenvolvido dende o Concello de Tui en apoio a este colectivo de traballadores.
Nor Rubber SAL desenvolve a súa actividade dende 2001, fabrica diversidade de productos en caucho, sendo a única empresa en España que realiza banda metálica. Actualmente, Nor Rubber emprega a máis de 100 persoas e está posicionada como unha das primeiras empresas de fabricación de productos derivados do caucho a nivel mundial cunha facturación de máis de 7 millóns de euros ao ano. Os problemas de circulante polos que pasaba a empresa fixeron que a Consellería de Economía e Industria mostrara novamente o seu compromiso co emprego e coa súa actividade levando a cabo un importante traballo para atopar unha solución. O aval, concedido polo Igape, permitirá á empresa continuar coa súa actividade, impulsar a competitiva e manter o emprego.
O conselleiro quixo destacar, ademais da importancia económica de Nor Rubber na zona, a iniciativa emprendedora dos traballadores da empresa, que en 2001 se constituíron como unha SAL (Sociedade Anónima Laboral), o que supón un claro exemplo de superación ante as dificultades.
Sem comentários:
Enviar um comentário