Semana tras semana o deporte tudense vai dándonos grandes alegrías. Se hai uns días os padeeiros do Club Kaiak Tudense e os remeiros do Club Remo do Miño e do Club Remo Tui acadaban excelentes resultados nas categorías sénior e veterano, a pasada fin de semana foron os deportistas das categorías base os que competiron ao máximo nivel.
Uxía Pérez proclamouse Subcampioa de España Cadete de atletismo en pista ao aire libre na proba dos 3.000 metros no Campionato de España celebrado o pasado sábado en Castellón. Con este resultado, a atleta do Club Atletismo Tui-Thermalia suma unha nova medalla de prata, tras a que conseguiu no Campionato de España Cadete en pista cuberta no mes de marzo.
No deporte do remo, os remeiros do Club Remo Tui e do Club Remo do Miño obtiveron magníficos resultados no Campionato Galego de Remo Olímpico nas categorías alevín, infantil e cadete, celebrado no encoro de Castrelo do Miño.
O Club Remo Tui acadou cinco medallas de ouro e unha de bronce, proclamándose Campionas Galegas en Scull alevín feminino, Nuria, Lara, Iria e Katia; Campionas Galegas en dobre scull alevín feminino, Lucia e Iria; Campións Galegos en catro sen temoneiro cadete masculino, Jonathan, Samuel, Javier e Adrián; Campións Galegos en catro scull cadete masculino, Diogo, Fabián, Dani e Miguel; Campións Galegos en oito con temoneiro cadete masculino, Jonathan, Samuel, Javi, Diogo, Fabián, Adrián, Dani e Miguel con Beatriz de temoneira; Terceira de Galicia en skiff feminino, Aroa; 11ª posición en skiff cadete maculino, Aaron; e 13ª posición en dobre scull infantil masculino, Marcos e Manuel.
Polo Club Remo do Miño, Paula acadou a medalla de prata en skiff alevín feminino; Roberto acadou a medalla de prata en skiff cadete masculino; 5ª posición para Salvador en skiff alevín masculino; 5ª posición para Ruben e Eduardo, na categoría dobre scull infantil; por último, os integrantes do catro scull cadete masculino, José, Francisco, Javier e Roberto non puideron rematar a proba ao saírse un carro na saída.
Felicitacións para todos eles polos éxitos acadados e moita sorte aos remeiros tudenses no Campionato de España de Remo Olímpico nas categorías de base que se celebrará en Sevilla o próximo fin de semana.
Sem comentários:
Enviar um comentário