Este sábado celébrase unha xornada de portas abertas nas piscinas municipais de Tui de tal xeito que o acceso a estas instalacións será completamente gratuíto.
Así o informa a concelleira responsable deste servizo, Olga Montes, quen apunta que con esta iniciativa búscase promocionar as piscinas municipais, e achegar este espazo a todos aqueles que aínda non o coñecen, pero ao tempo brindar unha xornada veraniega de lecer nestas instalacións.
Amais da xornada de portas abertas a partir das catro da tarde, tamén con carácter gratuíto, haberá inchables acuáticos, como tobogáns, churros ou aneis, con monitores da empresa Actividades Acuáticas Miño S.L. De todos os xeitos reservarase un espazo para aqueles que non desexen empregar estes inchables.
Lembramos que as piscinas municipais de Tui abren de luns a domingo en horario de 13 a 20.30h. O concello conxelou este ano os prezos de acceso a este servizo de tal xeito que os menores de 16 anos, xubilados e pensionistas deben aboar 1,50€ polo pase diario, e os adultos 2€. Existen tamén bonos por 30 baños cuxos prezos son de 35 e 40€ respectivamente. Este sábado coincidindo coa xornada de portas abertas o acceso será completamente gratuíto.
Sem comentários:
Enviar um comentário