quarta-feira, 18 de julho de 2012

Avelino Martínez Pérez dobre Campión de Europa en Judo e Loita Sambo


O policía local do Concello de Tui, Avelino Martínez (Lino), proclamouse o pasado fin de semana Campión de Europa de Judo e Loita Sambo, nos Campionatos de Europa de Policías e Bombeiros, celebrados na cidade de Tenerife.
Nestes campionatos houbo un total de 74 modalidades deportivas, contando con probas específicas de policías e bombeiros, como detención, bastón policial, tiro, etc.
O Concello de Tui estivo representado nas modalidades de Judo e de Loita Sambo, nas que Lino obtivo sendas medallas de ouro.
Esta é a terceira participación de Avelino Martínez nestes europeos, nos que xa conta con outro ouro en judo, nos Campionatos de Europa de Pontevedra 2008 e dúas medallas de bronce en judo e natación, nos Campionatos de Europa de Valencia 2010.
Recepción Oficial
O Concello de Tui quere felicitar a Lino Martínez polos éxitos acadados neste Europeo, polo cal se lle fará unha recepción oficial no Concello de Tui, o próximo día 23 de xullo, ás 11.00 horas no Salón de Plenos de Tui. Nesta recepción estarán presentes o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, concelleiros de Tui, así como todas aquelas persoas que desexen felicitar ao noso deportista.

Sem comentários:

Enviar um comentário