A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Tui conta con este servizo de atención aos inmigrantes e aos emigrantes retornados co obxectivo de desenvolver os primeiros procesos de acollida, información, orientación, atención e integración destes colectivos.
Dende a oficina infórmase sobre a situación xurídica e trámites administrativos a realizar dada a condición de inmigrante e emigrante retornado. Neste senso asesórase na tramitación de autorizacións de residencia, traballo, visados, adquisición de nacionalidade, agrupamento familiar e todo tipo de trámites administrativos que este colectivo precise así como sobre as posibles prestacións sociais, educativas ou sanitarias, e os programas formativos e de orientación e inserción laboral ás que teñan dereito.
A Oficina atópase no propio Concello e ten un horario de atención ao público de 9:00 a 14:00, de luns a venres, a través de cita previa no teléfono 986603625 extensión 54 ou nas dependencias de Servizos Sociais.
Para a concelleira de Servizos Sociais, Olga Montes Moldes, co funcionamento desta Oficina Municipal para inmigrantes e emigrantes o Concello de Tui amplía a súa oferta de cara este colectivo que contan agora cun asesoramento especializado. Con este novo servizo municipal o Concello tudense continua a promover medidas que faciliten a integración efectiva destes colectivos na nosa sociedade.
Sem comentários:
Enviar um comentário