quinta-feira, 19 de julho de 2012

O CONCELLO DE TUI PROMOVE CATRO CURSOS DE FORMACIÓN OCUPACIONAL PARA 60 DESEMPREGADOS


O Concello de Tui anuncia a convocatoria de catro cursos de formación ocupacional ao abeiro da Resolución da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia. En concreto estes cursos, cofinanciados polo Fondo Social Europeo, son os seguintes:
“Operacións de montaxe de redes eléctricas” de 298 horas
“Instalación de elementos de carpintería” de 578 horas
“Montaxe de mobles e elementos de carpintería” de 538 horas
“Operacións de fontanería e calefacción-climatización doméstica” de 558 horas
A impartición destes cursos supoñen un investimento de 261.315,88 € por parte da Conselleria de Traballo e Benestar, e testemuñan o positivo traballo que desenvolve o Concello tudense pois, logo de Vigo e Pontevedra, é o municipio a provincia que recibe unha achega máis importante. Cada curso proporcionará formación a 15 desempregados.
A previsión de inicio destas accións é para o mes de agosto, celebrándose en horario de mañá para 3 deles e de tarde para a especialidade de montaxe de mobles.  Todas aquelas persoas interesadas en asistir, deben inscribirse ó máis axiña posible na súa oficina de emprego, indicando os curso ó que queren acceder.
Os cursos de redes eléctricas e o de fontanería calefacción, non ten requisitos de acceso. Para os cursos da especialidade de madeira é preciso ter a titulación de ESO ou similar e a titulación do nivel de galego Celga2.
Para o concelleiro responsable de Emprego e Formación, José Ángel Villaverde Rocha, coa impartición destes cursos de formación o Concello de Tui promove unhas accións formativas que para un total de 60 desempregados que deste xeito poden mellorar a súa formación de cara a unha posterior inserción no mercado laboral.
Este anuncio testemuña o importante compromiso asumido polo Concello tudense no ámbito da formación e do emprego promovendo diversas actuacións neste ámbito que suscita as maiores preocupacións dos nosos cidadáns. Asi tamén nestes días o Concello pon en marcha o seu Plan de Emprego Municipal.

Sem comentários:

Enviar um comentário