quarta-feira, 25 de julho de 2012

O subcampión de Europa Óscar Carrera Amandi foi recibido oficialmente no concello


Esta mañá tivo na Casa do Concello de Tui unha recepción oficial ao padeeiro do Club Kaiak Tudense Óscar Carrera Amandi, logo de que hai uns días se proclamase subcampión de Europa sub 23 en k4 1000 metros. Foi recibido polo alcalde, Moisés Rodríguez, o concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, e os edís Olga Montes e José Ángel Villaverde. Ao acto asistían tamén varios membros do Kaiak Tudense, entre eles o seu presidente Esteban Alonso.
O concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, manifestaba que “é unha hora recibirvos e acompañarvos nos vosos triunfos” desexando a Óscar Carrera “un futuro moi prometedor e moitos éxitos”. Dirixíase tamén Nicolás Lorenzo a Club Kaiak Tudense, que esta fin de semana se proclamou subcampión de España, indicando que “os consideramos campións e o mellor club de España” apuntando que o mellor xeito de celebrar estes éxitos será co Descenso Internacional do Miño e o Campionato de España de Maratón que terán lugar en agosto en Tui. Nese senso apuntaba o edil que “esa é a vosa festa, e será un éxito”. 
Pola súa banda o alcalde, Moisés Rodríguez, comezaba a súa intervención indicando que 2non debemos acostumarnos ás felicitacións” engadindo que aínda que as axudas económicas son necesarias tamén o é “o recoñecemento e a felicitación”. Recoñecía o rexedor a dureza do piragüismo, onde os deportistas acoden a adestrar ao marxe das condicións meteorolóxicas, polo que dicía “ten moi mérito sobre todo se hai resultados coma neste caso”. Felicitaba tamén Moisés Rodríguez ao Kaiak Tudense polo subcampionato de España, ao seus presidente, adestradores, e padeeiros, así como ás familias, que son tamén un soporte fundamental, dicía. 
Moisés Rodríguez entregaba a continuación un agasallo a Óscar Carrera, en recoñecemento ao subcampionato de Europa logrado. 
Por último o padeeiro homenaxeado agradecía a recepción recibida no concello, e tiña palabras de agradecemento para o club e os adestradores “porque sen eles non tería feito nada do que fixen” dicía.  Agarda que as lesión non o prexudiquen e poder seguir colleitando moitos éxitos. 

Sem comentários:

Enviar um comentário