Seis unidades cun total de 82 prazas para nenos de 0 a 3 anos serán coas que conte a Escola Infantil de Tui cuxas obras foron hoxe visitadas pola conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, xunto ao alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, e o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Roberto Rodríguez Martínez, entre outras autoridades.
O alcalde de Tui manifestaba que o acto de hoxe era moi importante xa nestes tempos complicados a Xunta segue apostando por Tui, e se confirma, pese ao escepticismo de moitos, que o municipio terá esta Escola Infantil. Engadía que esta era unha necesidade que tiña Tui para facilitar a conciliación da vida laboral e familiar. Apuntando que o proxecto é bonito e acorde co entorno. Moisés Rodríguez agradecía tamén a implicación tanto do presidente da Xunta, coma da conselleira así coma doutras autoridades que traballaron para facer realidade este proxecto.
Pola súa a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, sinalou que “é unha satisfacción ratificar o compromiso da Xunta de Galicia con poñer en funcionamento os servizos públicos para a cidadanía”. Afirmaba que xa está en marcha a primeira Escola Infantil da rede Galiña Azul en Tui que permitirá mellorar a conciliación da vida laboral e familiar. A súa execución suporá un investimento superior aos 600 mil euros. Explicaba que nestes tempos onde hai que facer máis con menos as Escolas Infantís son claves para a conciliación familiar e para facerlle fronte o problema de natalidade que hai en Galicia. Beatriz Mato confirmaba que a obra poderá estar rematada en primavera e comezar o próximo curso.
O edificio, que se construirá nunha soa planta, nunha parcela de 2.323,35 m2 terá dúas zonas diferenciadas. A sur, onde se recollen as aulas e permitirá á zona exterior de xogos. NA norte ubicarase o acceso principal, as cociñas, salas de profesorado, almacéns e vestiarios, así coma unha sala de usos múltiples similar ás aulas e cun acceso á zona verde. Un vestíbulo conectará ás dúas zonas e servirá amais coma zona de xogo interior, onde os nenos poderán colgar os seus debuxos e fotos con imáns grazas á pintura magnética que se empregará neste espazo.
O exterior contará cunha zona de pavimento branco de caucho en diferentes cores, haberá un espazo cuberto, a parede pintarase con pintura de pizarra para que os nenos poidan con tiza e así decorar o seu espazo. Na zona arborada haberá xogos infantís, un areeiro e un horto.
O orzamento total da obra ascende a 650.325,04€ e o prazo de execución é de seis meses polo que debería estar rematada o próximo mes de xaneiro. En principio prevese que poida comezar a funcionar o próximo curso escolar abríndose un prazo de matrícula extraordinario, de non ser así entrará en funcionamento en setembro de 2013.
O proxecto contempla tamén melloras comúns ao Centro Socio Comunitario e ao Instituto San Paio consistentes no ensanche do portal de entrada a un ancho libre de 4,5 metros para facilitar a entrada de camións, ambulancias, microbuses,etc. Tamén se creará un portal peonil e unha senda ao longo da vía, así como un espazo común entre o Centro Socio Comunitario e a Escola Infantil.
Sem comentários:
Enviar um comentário