segunda-feira, 23 de julho de 2012

O CONCELLO DE TUI PROMOVE UN “PLAN DE EMPREGO MUNICIPAL” QUE SUPORÁ ONCE CONTRATOS


O Concello de Tui testemuñando a súa preocupación pola promoción do emprego entre os cidadáns promove un “Plan de Emprego Municipal” convocando un total de 11 prazas en diversos ámbitos da actividade municipal. En concreto, se convocan dúas prazas de auxiliares administrativos, 3 prazas de oficiais para obras e 6 peóns.
Este plan de emprego esta financiado integramente polos Concello de Tui que leva nos orzamentos municipais deste ano unha partida de 105.000 euros para esta finalidade de promover un contrato laboral de ata seis meses a 11 desempregados.
Para o alcalde de Tui esta decisión se enmarca no importante esforzo que está a desenvolver este Concello de Tui no tema do emprego, tanto en base a fondos propios do Concello como mediante a xestión de diversas achegas e subvencións doutras administracións. En concreto, xunto a estes 11 contratos do Plan de Emprego Municipal compre engadir as 12 prazas xa convocadas para o Grupo Municipal de Intervención Rápida (Grumir) cofinanciadas polo Concello de Tui ou as 60 prazas nos catro cursos de formación ocupacional a convocar de inmediato.
Estas medidas, sinala o rexedor tudense, se adoptan na loita que promove o Concello de Tui contra a crise no ámbito económico e no social e laboral dada a difícil situación socio-económica que vivimos. Aínda que as políticas de emprego non son unha competencia da Administración Local, o goberno municipal tudense está a realiza un importante esforzo nesta materia pois é consciente das actuais dificultades que existen no mercado laboral cun índice de paro excesivamente alto.
Moisés Rodríguez sinala que con este Plan de Emprego Municipal trátase de integrar, aínda que temporalmente, a once desempregados no mercado do traballo ao tempo que realizan un labor a prol da nosa comunidade a través dos diversos servizos municipais.
Dende a súa toma de posesión, engade o alcalde Rodríguez Pérez, o tema do emprego é unha prioridade da actuación do goberno municipal. Amosa a súa satisfacción pola convocatoria deste Plan de Emprego Municipal e agradece o apoio da Xunta de Galicia esta materia a través das axudas concedidas para a contratación do persoal do Grumir ou para a impartición dos cursos de formación ocupacional. 

Sem comentários:

Enviar um comentário