Óscar Carrera Amandi, padeeiro pertencente ao Club Kaiak Tudense, proclamouse subcampión de Europa no Europeo Júnior e Sub23 disputado na localidade portuguesa de Montemor O-Velho, do 13 ao 15 de xullo.
O padeeiro tudense competiu na modalidade K4 1.000 metros sub 23, xunto a Rodrigo Germade, Roberto Abal e Álvaro Bravo.
Neste mesmo campionato, Roi Rodríguez do Club Kayak Tudense, obtivo a segunda posición na Final B, na categoría K2 1.000 metros Júnior masculino.
Dende o Concello de Tui quérese felicitar a estes deportistas polos éxitos acadados, polo seu esforzo e dedicación no mundo do deporte, e por levar con orgullo o nome de Tui nas competicións internacionais.
Recepción oficial
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, e concelleiros de Tui, recibirán ao padeeiro Óscar Carrera mañá martes, 24 de xullo, ás 11.00 horas, no Salón de Plenos do Concello de Tui.
Nesta mesma recepción se homenaxeará ao Club Kayak Tudense, que neste fin de semana proclamouse Subcampión de España de Piragüismo en Pista, no Campionato de España celebrado no encoro de Trasona (Asturias), ao acadar 6 ouros, 3 pratas e 4 bronces.
Sem comentários:
Enviar um comentário