Este sábado, 21 de xullo, ás 22,00 horas (de Tui) terá lugar unha nova visita guiada nocturna que a Eurocidade Tui-Valença promove nos meses de xullo e agosto a diversos elementos patrimoniais de ambas localidades co obxectivo de ofrecer un achegamento dos propios veciños e dos numerosos visitantes que nestas datas visitan ambas cidades a diversos lugares emblemáticos dos conxuntos históricos de Tui e Valença.
Nesta terceira visita os asistentes realizaran un percorrido pola Catedral de Santa María de Tui percorrendo os elementos máis singulares deste conxunto arquitectónico realizado en estilo románico e gótico –coa primeira portada realizada neste estilo artístico na Península Ibérica-. É a primeira ocasión en que se poderá visitar este templo en horario nocturno o que posibilitará unha visión, cando menos, diferente deste singular edifico tudense.
Na vindeira semana continuará este programa agora en Valença do Minho(os horarios son sempre en hora local):
28 de xullo: Valença – 20,00 h.
Visita ao Mosteiro de Sanfins
29 de xullo: - 08.00 h. Andaina con inicio na Catedral de Tui ata San Fins con pasaxe en barca en Caldelas de Tui (inicio 08.00 horas)
17 agosto: Tui – 22,00 h.
Paseo pola ribeira do Miño: da Alameda á Ponte Internacional (Inicio pérgola da Alamada de San Domingos)
24 de agosto: Valença - 21,30 h.
Visita nocturna aos camiños de ronda da muralla moderna de Valença
Momentos musicais, Demostração de defesa militar, Inicio Porta da Coroada
31 de agosto: Tui – 22,00 horas
Noite xudía en Tui
Esta actividade está organizada polas concelleiras de cultura e turismo dos Concello de Tui e da Cámara Municipal de Valença e conta coa colaboración de diversas entidades e institucións de ambas cidades.
Sem comentários:
Enviar um comentário