Este venres, 20 de xullo, comeza a programación do verán en Tui organizada pola Concellería de Cultura de Tui. Na Praza de San Fernando ás 22.30h proxectarase a película “Río”. É un filme para todos os públicos cunha duración de 96 minutos.
O protagonista de Río é Blu, un guacamaio que emprende o que ía ser unha idílica viaxe a Río de Janeiro para coñecer a Perla, pero os plans trúncanse ao seren secuestrados. Coa axuda dos máis variados paxaros tentarán liberarse duns perigosos delincuentes. Pero xorde un problema, Blu, que antes era un paxaro doméstico, nunca aprendeu a voar.
En caso de choiva a proxección terá lugar no Teatro Municipal, onde se deben retirar as entradas de balde, dende media hora antes do comezo da proxección, cun máximo de dúas por persoa. O aforamento no Teatro é limitado.
Cinema ao aire libre “Río”
Lugar: Praza de San Fernando
Data: Venres, 20 de xullo ás 22.30h
Sem comentários:
Enviar um comentário