A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas , investirá este ano un total de 800.000 euros nas oficinas municipais de rehabilitación dos cales, a oficina de Tui recibirá 19.354.
O convenio entre o Instituto Galego de Vivenda e Solo( IGVS) e os 38 concellos que contan con área de rehabilitación integral fixa este ano coma novidade a exención das oficinas da realización das visitas técnicas e a xestión de expedientes do programa RENOVE ( programa do Plan Estatal de Vivenda 2009-2012 ), nin as visitas técnicas e informes do programa ALUGA e do decreto autonómico de rehabilitación, que pasarán a realizarse directamente polas oficinas técnicas do IGVS.
As oficinas municipais de rehabilitación encargaranse de prestar asesoramento e información ao público sobre as actuacións comprendidas no ámbito das ARI e doutras axudas en materia de vivenda , tramitar os expedientes e realizar o seguimento técnico das obras das ARI baixo as directrices do Instituto Galego de Vivenda e Solo.
Na actualidade hai 55 áreas de rehabilitación en Galicia distribuídas en 38 concellos, amais dunha área de rehabilitación dos Camiños de Santiago que comprende un total de 107.
Sem comentários:
Enviar um comentário