quinta-feira, 29 de agosto de 2013

O PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN ACHEGA OBRAS NO CONCELLO DE TUI POR UN IMPORTE SUPERIOR AOS 300.000 EUROS

O Plan de investimentos da Deputación de Pontevedra (PID 2012) recentemente aprobado por este organismo provincial suporá unha achega superior aos 300.000 euros para diversas obras nas parroquias de integran o municipio tudense. Esta inversión estará dedicada a infraestruturas básicas como é o caso de obras de saneamento e pavimentación.
En concreto as obras que se abordan son as seguintes:
mellora da pavimentación o lugar da Porteliña, Pazos de Reis
mellora da pavimentación no lugar de Os Gaios , Areas, tui
mellora da pavimentación no lugar do Calvario, Guillarei, 
renovación da pavimentación no acceso á parroquia de Areas
renovación da pavimentación no acceso á Autovía A-55, en Guillarei
saneamento e pavimentación nas proximidades do Centro Cultural de Paramos
saneamento no barrio da Estación , Guillarei
saneamento no lugar do Carrasco, Randufe
saneamento no lugar do Funchal, Rebordáns
saneamento en San Simón, Ribadelouro
Para o alcalde de Tui a concesión desta achegas por parte da Deputación de Pontevedra permiten tanto a conservación e mellora como a creación de infraestructuras e equipamentos básicos para os cidadáns que residen nas áreas rurais do noso municipio. Con estes investimentos se procura un dobre obxectivo, mellorar a seguridade vial en lugares de elevada circulación de vehículos, e incrementar o número de núcleos rurais que se integran na rede municipal de saneamento que avanza para lograr unha cobertura das máis amplas na nosa provincia.
Estes investimentos nos serán os únicos que se executen neste ano no noso municipio, pois está previsto a realización de novas obras nas parroquias rurais do noso concello e que serán anunciadas en breve prazo.
Moisés Rodríguez salienta tamén o feito que este investimento superior aos 300.000 euros contribuirá tamén a dinamización das empresas do sector implicando, cando menos, o mantemento dos postos de traballo ou, se fose o caso, novas contratacións laborais.

Sem comentários:

Enviar um comentário