quarta-feira, 28 de agosto de 2013

ESTE VENRES 30 DE AGOSTO, VISITA GUIADA NOCTURNA POLO TUI DAS LENDAS

Este venres 30 de agosto terá lugar a visita guiada nocturna  Tui das lendas, sendo ésta a última actividade pertencente ao  programa Andainas/ Trilhos e Visitas guiadas nocturnas na Eurocidade 2013.
Nesta visita se realizará un percorrido polas lendas da cidade que define unha parte do noso patrimonio cultural neste caso de caracter inmaterial como é o caso das numerosas lendas e tradicións orais que se conservan polos tudenses. Paseando por diversos enclaves do conxunto histórica do conxunto histórico de Tui se rememoraran diversas lendas coma o pasadizo que comunica Tui e Valença, a fundación de Tui, o Monte Medulio, etc.
A cita será ás 22:00h no adro norte da Catedral de Santa María , Praza do Concello.
Pechase así esta nova edición do programa da Eurocidade Tui - Valença de visitas nocturnas ao patrimonio cultural cun resultado positivo en cuanto ao número de asistentes nestas actividades de lecer, que chegan a superar as 200 persoas que asisten a cada visita.

Sem comentários:

Enviar um comentário