O director xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde, Félix Rubial Bernárdez, visitou hoxe os terreos onde se construirá o centro de saúde de Tui, acompañado polo delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel González Touris, xunto ao alcalde do Concello de Tui e diversos membros do goberno municipal e os responsables técnicos do proxecto deste novo equipamento sanitario en Tui.
O alcalde, Moisés Rodríguez, amosa a súa satisfacción por esta visita que testemuña, nunha nova oportunidade, o compromiso da Xunta de Galicia coa cidade de Tui e os seus veciños. A visita deste mañá marca os novos prazos de construcción deste novo Centro de Saúde e supón un importante investimento na nosa cidade que rondará os 3,6 millóns de euros e que mellorará substancialmente a asistencia sanitaria aos cidadáns tudenses.
Sem comentários:
Enviar um comentário