O Concello de Tui contará cun novo Obradoiro de Emprego concedido pola Xunta de Galicia que comezará a funcionar antes do próximo 1 de outubro. O seu obxectivo será a segunda fase da rehabilitación da antiga escola de Chans, en Randufe, para convertela nun viveiro de empresas.
Este obradoiro foi presentado este mediodía pola directora xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz López, xunto ao alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, no concello, nun acto no que estivo tamén presente o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e varios concelleiros do equipo de goberno.
O novo obradoiro de emprego suporá un investimento superior aos 310 mil dos que 195 mil serán aportados pola Xunta e 115 mil polo Concello. No mesmo formaranse nos módulos de albanelería, pintura e acabado de mobles, durante 6 meses, 22 persoas maiores de 18 anos. Precisamente unha das novidades desta actividade formativa, segundo explicaba a directora xeral de Emprego, é que a idade mínima baixou dos 25 ao 18 anos, para dar así a oportunidade de formarse tamén a xente máis nova.
Ana María Díaz explicou que este é un dos 50 obradoiros que se van celebrar en Galicia, destacando que foi elixido pola comisión de valoración pola calidade do proxecto presentado polo Concello. Engadía que este proxecto é importante porque por unha banda 22 persoas se van formar durante seis meses obtendo o certificado profesional, tendo neste tempo un contrato de traballo. Pero amais a súa execución suporá para o Concello de Tui poder satisfacer a necesidade de rehabilitación da antiga escola de Chans.
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, agradeceu a Xunta a concesión deste novo obradoiro de emprego, apenas un meses despois de que rematase o último impartido na cidade, un feito – a concesión de dous obradoiros seguidos – que dicía non é moi habitual. Fixo fincapé o rexedor en que o obxectivo da rehabilitación da escola de Chans será a ubicación neste lugar dun viveiro de empresas, co que fomentar tamén o emprendimento. Neste proxecto sinalaba que xa se amosou interesada a Cámara de Comercio de Tui.

Sem comentários:
Enviar um comentário