O Concello de Tui vén de convocar dez postos de traballo ao abeiro do Plan de Emprego Municipal dotado con más de 68 mil euros de fondos propios que van consignados nos orzamentos deste ano.
As prazas ofertadas son un operario de mantemento electricista, seis peóns para obras e servizos municipais e tres oficiais de segunda para a obra ou servizo. Os contratos terán unha duración de catro meses.
As persoas interesadas teñen hasta este venres, 9 de agosto, para presentar a solicitude corresponde no rexistro de entrada do Concello de Tui.
Por outra parte vén de iniciarse no Centro de Formación en Guillarei un curso de formación de “Instalación de Elementos e Mobles de Carpinteiría” no que participan 15 persoas ata o mes de novembro.
O concelleiro de Emprego, José Ángel Villaverde, puxo de relevo a aposta que dende o Concello se fai polo emprego, ao tempo que daba conta da contratación de catro persoas de Tui por parte da Deputación para a limpeza do Castro do Alto dos Cubos ao abeiro dun plan que ten por obxectivo a limpeza dos castros da provincia. Avanzaba José Ángel Villaverde que nos orzamentos de 2014 teñen como obxectivo poder ampliar o número de prazas do Plan de Emprego e tamén a duración dos contratos.
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, salientou o esforzo que realiza o Concello polo emprego e a formación a través de distintas iniciativas coma o Plan de Emprego Municipal, os cursos de formación, os obradoiros de empregos, ou a próxima creación dun viveiro de empresas na antiga escola de Chans, recentemente rehabilitada, da que está pendente unha segunda fase para poder pór en marcha o viveiro.
Sem comentários:
Enviar um comentário