sábado, 24 de agosto de 2013

A VOLTA CICLISTA A ESPAÑA PASARÁ POR TUI O DOMINGO 25 DE AGOSTO

O pelotón chegará ao noso Concello procedente de Salvaterra, circulando pola estrada PO 510, pasando por Entenza, Paramos, Guillarei, e casco urbano de Tui (Av. da Concordia, Paseo Calvo Sotelo, rúa Augusto González Besada, rúa Martínez Padín e Avenida de Portugal). A hora aproximada do pasado da Volta polo casco urbano de Tui é arredor das 16,00 horas, están previsto que dende unha hora antes circule a caravana que acompaña a este evento deportivo.
A presenza da Volta Ciclista a España en Tui é un importante acontecemento deportivo polo que o Alcalde de Tui convida aos veciños a presencia o seu paso pola nosa cidade.

Sem comentários:

Enviar um comentário