A Oficina Municipal de Turismo de Tui rexistrou 4729 visitantes no pasado mes de xullo e un total de 769 peregrinos do camiño Portugués.
Entre os turistas, máis de 3800 eran nacionais, mentres que 864 proviñan doutros países, encabezados por Portugal, Francia, Italia e Reino Unido.
No que respecta aos turistas nacionais a mayoría proveñen de Madrid, Andalucía, Galicia e Comunidade Valenciana.
Tui, como porta de entrada do camino Portugués e como localidade fronteiriza de paso rexistrou tamén máis de 700 peregrinos, dos cales máis da metade proveñeron doutros países estando en primeiro lugar Portugal ( 181) seguido de Italia (69), Alemaña (51) e Francia(19). Nun menor número pero sendo de interese cómpre salientar o paso de peregrinos de lugares tan remotos coma Australia, Corea, Guatemala, Xapón ou Taiwán.
Entre os peregrinos nacionais os primeiros en encabezar a lista son os andaluces aos que lle siguen os procedentes da Comunidade Valenciana, Madrid e Galicia.
A Oficina Municipal de Turismo de Tui situada na praza de San Fernando continúa así ofrecendo os seus servizos a visitantes e peregrinos nun horario de luns a domingo de 10h a 20h.
Sem comentários:
Enviar um comentário