sexta-feira, 23 de agosto de 2013

O CONCELLO DE TUI ESTREA PÁXINA OFICIAL DO MUNICIPIO EN FACEBOOK

O Concello de Tui inicia un novo proxecto na rede social Facebook co obxectivo de aproveitar as vantaxes de accesibilidade deste medio para achegar así toda a información do municipio a todos os sectores da cidadanía, familiarizados no uso desta rede.
O Alcalde tudense abre está páxina cun saúdo aos seguidores desta rede social “Nos tempos que corren Internet converteuse nunha ferramenta de información indispensábel, permitindo unha comunicación case instantánea e de fácil acceso para a maioría da poboación. Por isto, decidimos aproveitar as vantaxes das redes sociais e facilitar aos cidadáns o acceso á información do Concello a través desta páxina en Facebook”.
A páxina, baixo o enderezo www.facebook.com/concellodetui,  con tan só dous días de actividade conta xa con máis de 180 seguidores, que poderán manterse informados de todas as novas administrativas, turísticas e culturais do Concello constantemente actualizadas.

Sem comentários:

Enviar um comentário