Os visitantes e cidadáns de Tui poderán disfrutar dunha visita guiada nocturna polo Tui barroco este venres, 16 de agosto, da man do historiador Jose Ramón Fernández.
A cita, que forma parte do programa de verán de Andainas/Trilhos e Visitas guiadas da Eurocidade partirá ás 22:00h do adro norte da Catedral, na Praza do Concello de Tui.
Co obxectivo de divulgar o coñecemento dos monumentos barrocos da cidade, farase unha ruta nocturna que percorrerá estes elementos patrimoniais podendo disfrutar da súa arquitectura dun modo diferente grazas á súa iluminación .
A visita é gratuíta e está organizada polas Concellerías de Cultura e Turismo do Concello de Tui e da Cámara Municipal de Valença.
Sem comentários:
Enviar um comentário