O concello de Tui fixo hoxe unha recepción ao padeeiro Luís Fernández do Club Penedo de Caldelas, logo de que hai uns días se proclamase campión de España de slalom en c1 cadete. Foi recibido polo alcalde, Moisés Rodríguez, xunto ao concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, o de Formación, José Ángel Villaverde e do BNG, Laureano Alonso. Luís Fernández acudiu acompañado pola delegada de Deportes do Penedo, Estela Campos.
O concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, amosou a súa satisfacción por recibir por vez primeira a un integrante do Club Penedo de Caldelas, un club que dicía contan cunha longa traxectoria. Tiña eloxios para o presidente e adestrador do Club, Juan José Ricón Soliño, que potenciou no municipio as probas de slalom. Dirixindo ao padeeiro lle desexou sorte para poder concentrarse co equipo nacional.
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, destacou tamén a importancia do Club Penedo, eloxiando tamén a Juan José Ricón Soliño por toda unha vida dedicada ao deporte. Ao tempo felicitaba a Luís Fernández polo éxito conseguido, e o animaba a seguir adestrando para lograr novos triunfos.
Luís Fernández agradeceu o recibimento e agasallo de un reloxo que lle fixo o concello.
Sem comentários:
Enviar um comentário