Ao longo destas xornadas a parroquia de Randufe está celebrando a súa tradicional “Semana Cultural” con actividades de caracter cultural, deportivo e de lecer. No desenvolvemento desta “Semana Cultural” colabora activamente o Concello de Tui con axudas económicas e de medios materiais e humanos que contribúen ao éxito desta convocatoria
Esta cooperación forma parte da labor activa que O Concello de Tui realiza coas asociacións culturais do municipio, co obxectivo de promocionar as actividades das mesmas así como de consolidar o tecido asociativo do noso municipio.
Estes días é coa parroquia de Randufe, como na pasada semana foi con Caldelas e en datas inmediatas será nas parroquias de Guillarei e Pazos de Reis onde o Concello de Tui patentiza este traballo de apoio ao tecido asociativo das parroquias e as súas iniciativas de caracter social e cultural.
A través do seu apoio con recursos humanos, económicos e mesmo de caracter administrativo –para xestionar axudas doutras institucións-, fomentando que os diversos colectivos das parroquias tudenses dispoñan dos recursos necesarios para celebrar as súas respectivas festas e actividades que enriquecen a vida das nosas parroquias.
Sem comentários:
Enviar um comentário