Este evento musical comezará ás 17.30h, comezando á venda de entradas media hora antes
O Teatro Municipal de Tui acolle o próximo luns, 28 de abril, Luns de San Telmo, festivo local na cidade, un concerto da Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín.
O concerto comezará ás 17.30h cunha duración prevista de 75 minutos. A Banda, dirixida por Francisco García Hurtado, está formada actualmente por 48 compoñentes, entre Instrumentistas de madeira, metal e Percusión.
O programa a interpretar será o seguinte:
De Quintans a Peneda ………...….Pasodobre …….………. F. G. Hurtado
Maruxa …………………………….. Preludio del 2º Acto ….. A. Vives
Adagio de la Sonata 14….……………………………………. Beethoven
La Gazza Ladra ………………..……. Obertura …………….. Rossini
Cavalleria Rusticana ………….... Intermezzo ………….…… P. Mascagni
Aloumiños ……………………..……..… Suite ……………..... F. G. Hurtado
Sinfonía nº 5 (II Tiempo) ………..………………………..…... Beethoven
West Side Story ………………… Selección ……………..…. L. Bernstein
Sinfonía nº 9 (IV Tiempo) …..………………….…………..… A. Dvorak
C.N. Sobrino …………………… Marcha Militar …..……...... F. G. Hurtado
A Banda de Música da Escola Naval Militar, creouse no ano 1940 en Cadiz previa ao traslado da Escola a Marín tres anos despois. Esta unidade actúa por unha parte en actividades de réxime interno da propia Escola Naval Militar rendendo honras, en paradas militares, xuras de bandeira, despedidas de buques e concerto. Pero tamén fóra da Escola actúa en concertos, procesións, e outros actos de índole castrense.
Ás entradas, sen numerar, poranse á venda o luns ás 17h no despacho de billetes da Área Panorámica, ao prezo único de 4€.
Sem comentários:
Enviar um comentário