TRISQUEL E MEDULIO Asociación Cultural
É para nós un pracer informarlles de que a Real Filharmonía de Galicia (RFG), invitou este
ano a nosa colaboradora, a violinista tudense de 18 anos, Sara Areal, a participar como solista coa mencionada orquestra que, como ven sendo habitual, participa co “Concerto pola Liberdade” no acto de entrega do X Premio José Couso de Liberdade de Prensa, que organizan o Club de Prensa de Ferrol, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Obra Social “La Caixa”, o cal terá lugar mañá mércores no teatro Jofre de Ferrol, ás 20:30 horas.
Sara Areal interpretará o Concerto para violín en Mi menor do compositor Felix Mendelssohn (1809-1847), acompañada pola RFG que será conducida polo mestre compostelán Maximino Zumalave, director asociado da orquestra.
Esta violinista galega Estudou no Conservatorio Profesional de Música de Tui e continua a súa formación na Escola Profesional Artística de Vale do Ave (Portugal). Asistiu a clases maxistrais de violinistas de prestixio internacional. Gañou diversos premios nacionais e internacionais e ofreceu numerosos recitais e concertos en España e Portugal. Colabora coas orquestras de cámara galegas, coa Xoven da Sinfónica de Galicia, e é concertino das orquestras sinfónicas portugueses ARTAVE e APROART. E foi dirixida por grandes directores e fai menos dun mes foi admitida na Escola Superior de Música de Lausanne (Suíza).
Felicitamos a esta xove intérprete polo que, entendemos, é un recoñecemento o seu traballo
e desexámoslle moita sorte.
Sem comentários:
Enviar um comentário